Empresa
En Autoescola Benigno levamos máis de 45 anos ensinando a conducir.
Formamos a condutores no coñecemento das normas de tráfico e de seguridade vial, no funcionamento e mantemento do vehículo e na práctica ao volante.

Servizos
Na nosas instalacións poderá preparar as probas teóricas e as probas prácticas para obter o seu permiso de conducir nas modalidades AM, A-1, A-2, A, B, C, C-1, C+E e/ou D.
Contamos cun amplo grupo de profesores de formación vial cualificados, medios técnicos, pistas para prácticas e unha moderna flota de vehículos.

Cursos
Somos un centro autorizado pola Dirección Xeral de Tráfico para impartir cursos ADR para condutores de vehículos que transporten mercadorías perigosas e centro autorizado pola Xunta de Galicia para impartir cursos de obtención do Certificado de Aptitude Profesional (CAP) de mercadorías e de viaxeiros.

Localización
Enderezo:
Rúa do Sol, 59 baixo
15100 Carballo, A Coruña.
Podes contactar con nós a través de:
Teléfono/Fax: 981 700 513
Correo electrónico: info@autoescolabenigno.com
Horario de atención ao público:
De luns a venres, de 9 a 13h e de 15 a 21h.